Se encuentra usted aquí

ABPBlock e Disconnectme

O ABPBlock podese descargar directamente dende Chrome Store ou como Addon FirefoxÓ ser un complemento moi agresivo debemos desactivalo nas páxinas que consideramos seguirO DisconnectMe tamén é moi agresivo co que pode facer que algunha páxina perda algunha funcionalidade

Estos dous add-ons (complementos) para os navegadores deben ser considerados coma básicos para a navegación en Internet. Todos sufrimos as dichosas xanelas emerxentes de publicidade "non desexada" ou a lentitude de algunhas páxinas que visitamos, se ben entendese que as páxinas utilizan a publicidade para conseguir cartos extra para o seu mantenimento de cara ó usuario/a pode ser un estorbo.

Entrando en materia, paso a comentalos:

  • ABPBlock: Este plugin (complemento) o que permite é que se bloqueen toda apertura por medio de JS (JavaScript) ou JQuery de xanelas emerxentes de publicidade intrusiva (coma ben nos explican na sua páxina: https://adblockplus.org/es/).
    • FUNCIONAMENTO: Este plugin instalase directamente sobre o navegador que desexemos (deixo imaxe aclatoria) e entra en funcionamento sen que nos teñamos que facer nada, coma todo plugin dedicado directamente a esto pode ser que non corte todo ou que ó mellor bloquee algo que realamente nos interese. Podese desactivar sen ningún problema nas páxinas que estimemos que son lexítimas ou seguras.
  • Disconnect.me: Este plugin permitenos ter unha navegación máis rápida actuando como se fora un cortafogos en un sistema operativo, por defecto bloquea toda conexión que se faga externa da páxina na que esteamos navegando.
    • NOTA: pode chegar a ser moi restrictivo cortando as conexións.
    • FUNCIONAMENTO: Instalase directamente sobre o navegador, este en concreto non ten distincións entre navegadores e entra en funcionamento sen que teñamos que facer nada. Podese activar se o necesitamos, normalmente o que se fai é poñer todo en "whitelist" (coma se ve na imaxe adxunta). Ambos plugins pode funcionar xuntos posto que non se molestan entre si, podese notar unha perdida de rendemento en PCs antigos (+5 anos) ou en navegadores antigos. A mellora do rendemento en condicións normais é moi grande e a gran maioria dos elementos emerxente ou conexións externas sexán bloqueados... tal vez algunha xanela emerxente escapase, pero son as menos, en moitas ocasións sexá máis desactivalos para que a páxina onde esteamos funcione correctamente.

Algunhas publicacións

Aquí vos deixamos entradas do noso blog para se podían ver directamente...